

El perfil Bruno y sus datos de contacto han sido verificados por nuestros expertos
Bruno
- Tarifa $12.389
- Respuesta 1h

$12.389/h
1a clase gratis
- Gallego
Estudante da clases en todos os niveis da ESO e Bacharelato de Lingua Galega e Literatura
- Gallego
Modalidad de la clase
Sobre Bruno
Levo anos estudando e profundando nos autores, obras e movementos literarios que forman parte dos programas da ESO e do Bacharelato. Lin a meirande parte das obras que se traballan nestes niveis educativos e especialiceime na súa análise, contextualización e explicación didáctica. Ademais da miña formación e experiencia persoal, son familia de Carvalho-Calero e de Ferrín, ademais manteño contacto con diversos autores, o que me permite achegar unha visión especialmente próxima e enriquecedora da súa obra. Como galegofalante nativo, tamén podo axudar a reforzar a gramática, a expresión escrita e o dominio xeral da lingua galega.
Acerca de la clase
- Enseñanza básica
- Enseñanza media
- Seconde
- +6
niveles :
Enseñanza básica
Enseñanza media
Seconde
Formación Técnica
Educación para adultos
Principiante
Intermedio
Avanzado
Para niños
- Español
Todos idiomas hablados para las clases :
Español
Ofrezo clases particulares dirixidas ao alumnado da ESO e Bacharelato, especialmente orientadas á preparación de exames, recuperación de materias, reforzo académico e mellora das competencias lingüísticas e literarias.
A miña metodoloxía baséase nun ensino rigoroso, estruturado e adaptado ás necesidades de cada estudante. O obxectivo principal é que o alumnado non se limite a memorizar contidos, senón que comprenda os conceptos, adquira autonomía de estudo e desenvolva unha capacidade crítica e analítica sólida.
As sesións poden centrarse tanto no repaso integral dun curso completo como na preparación específica dun trimestre, dunha avaliación ou dunha proba concreta. Cada clase combinará explicación teórica, resolución de dúbidas, exercicios prácticos e revisión dos contidos traballados no centro educativo.
No ámbito da Literatura, dispoño dun amplo coñecemento das obras que habitualmente forman parte dos programas da ESO e do Bacharelato, das cales lin a meirande parte. Ademais, son familiar de autores produto de estudo e manteño relación con diversos autores e autoras.
Para o alumnado de 2º de Bacharelato ofrezo unha preparación específica das probas de acceso á universidade, incluíndo análise de textos, comentario literario e explicación detallada das obras de lectura obrigatoria. Tamén podo facilitar materiais de apoio, fragmentos seleccionados das obras e modelos de comentario completamente desenvoltos e explicados paso a paso para favorecer a comprensión da súa estrutura e metodoloxía.
Como galegofalante dende que teño uso de razón, presto igualmente especial atención á gramática, sintaxe, morfoloxía, expresión escrita e corrección lingüística, axudando ao alumnado a mellorar tanto a súa competencia académica como o seu uso práctico da lingua.
Exemplo dunha clase tipo:
Revisión das dúbidas da sesión anterior.
Explicación teórica do tema correspondente.
Análise práctica de exemplos e exercicios.
Corrección comentada e resolución de erros.
Síntese final dos contidos aprendidos.
Proposta de tarefas de reforzo, se fose necesario.
Sobre as clases de vídeo:
Elaborarei materiais audiovisuais propios para complementar as explicacións. Estes vídeos terán un enfoque próximo ao dun pequeno documental didáctico, haberá imaxes dos autores e autoras, gravacións históricas, entrevistas, explicacións doutros especialistas cando sexa posible, fragmentos das obras, recitados poéticos, poemas musicados por autores e outros recursos que permitan comprender mellor tanto o contexto histórico e cultural como o significado dos textos. O obxectivo é facer da literatura algo vivo, accesible e atractivo, favorecendo unha aprendizaxe máis profunda e duradeira.
As clases están dirixidas principalmente a alumnado da ESO e Bacharelato.
Precios
Tarifa
- $12.389
Precio de packs
- 5 hrs. $61.946
- 10 hrs. $123.893
online
- $30.973/hr
Duración clase gratis
La primera clase gratis con Bruno les permitirá conocerse y poder especificar tus necesidades para las próximas clases.
- 30mins
Profesores de gallego similares
Susana
Sainte-Foy-lès-Lyon, Francia & online
- $25.811/h
BEATRIZ
Vigo, España & online
- $16.519/h
- 1a clase gratis
Carolina
Vigo, España & online
- $10.324/h
Martin
Villagarcía de Arosa, España & online
- $16.519/h
- 1a clase gratis
ELVIRA
Lalín, España & online
- $15.487/h
- 1a clase gratis
Nuria
Santiago de Compostela, España & online
- $41.298/h
- 1a clase gratis
Sabela
Santiago de Compostela, España & online
- $22.714/h
- 1a clase gratis
Ava
Madrid, España & online
- $15.487/h
- 1a clase gratis
Sofia
Villagarcía de Arosa, España & online
- $8.260/h
- 1a clase gratis
Laura
Puenteceso, España & online
- $20.649/h
- 1a clase gratis
Beara
Bueu, España & online
- $10.324/h
- 1a clase gratis
Candela
Pontevedra, España & online
- $10.324/h
- 1a clase gratis
Maria
La Coruña, España & online
- $15.487/h
- 1a clase gratis
Celia
Madrid, España & online
- $12.389/h
- 1a clase gratis
Natalia
A Coruña, España & online
- $15.487/h
- 1a clase gratis
Tamara
Leiloio, España & online
- $22.714/h
- 1a clase gratis
Anna
Madrid, España & online
- $13.422/h
- 1a clase gratis
María José
Vigo, España & online
- $22.714/h
Samuel Breogán
Gondomar, España & online
- $5.162/h
- 1a clase gratis
Adalía
Santiago de Compostela, España & online
- $12.389/h
- 1a clase gratis
-
Ver los profesores de gallego
